Explora o mundo en calquera período de tempo co OpenHistoricalMap.
O OpenHistoricalMap é un proxecto ambicioso liderado pola comunidade co obxectivo de rexistrar nun mapa os cambios na xeografía natural e humana en todo o mundo… ao longo do tempo.
Grandes e pequenos, antes e agora
Os imperios nacen e decaen. Os glaciares desaparecen. As linguas e as relixións esténdense dunha rexión a outra. Os camiños de terra convértense en autoestradas e vías de ferrocarril. Os edificios modestos dan paso aos rañaceos. E ti lembras como era o teu barrio. Todo isto pertence ao OpenHistoricalMap.
Podes axudar
A nosa crecente comunidade de colaboradores voluntarios inclúe historiadores afeccionados e profesionais, colaboradores do OpenStreetMap e da Wikipedia, especialistas en SIG e persoas normais coñecedoras da súa contorna. Nós somos persoas cuxa paixón é documentar o mundo e axudar ás comunidades do mundo real a contar as súas historias. Para obter máis información sobre a comunidade, consulta a nosa extensa documentación no wiki, visita o noso foro de debate, le os diarios de usuario e sigue as nosas contas de Mastodon e Bluesky.
Podes comezar a contribuír ao mapa hoxe creando unha conta gratuíta. Tamén aceptamos doazóns benéficas a través de OpenStreetMap EUA, unha organización sen ánimo de lucro con execión de impostos. A túa xenerosa doazón irá directamente para que o OpenHistoricalMap funcione sen problemas.
Datos libres
O mapa da nosa páxina de inicio é só unha das moitas formas de experimentar a información histórica que recompilamos. Os datos subxacentes están dispoñibles para seren reutilizados en forma de descarga ou a través de varias API gratuítas compatibles con software de código aberto.
Os datos son de dominio público a menos que se indique o contrario. Podes usalos para calquera propósito, sen ningunha restrición. Non obstante, agradecemos moito calquera crédito ou cita que proporciones ao OpenHistoricalMap. Para obter máis detalles e ollar os agradecementos, consulta Dereitos de autoría e recoñecementos.
Legal
Este sitio e moitos outros servizos relacionados están operados por un grupo informal afiliado a OpenStreetMap EUA en nome da comunidade. O uso de todos os servizos operados polo OpenHistoricalMap está suxeito aos nosos termos de uso, ás nosas políticas de uso aceptable e á nosa política de protección de datos.
Por favor, ponte en contacto co equipo do OpenHistoricalMap se tes dúbidas sobre as licenzas, os dereitos de autoría ou outras cuestións legais.
OpenHistoricalMap® é unha marca rexistrada (número de rexistro dos EUA 90.019.364). OpenStreetMap e o logotipo da lupa son marcas rexistradas da Fundación OpenStreetMap.
Socios
OpenHistoricalMap é un proxecto fundador de OpenStreetMap EUA, unha organización sen ánimo de lucro 501(c)(3) afiliada á Fundación OpenStreetMap. O desenvolvemento técnico está nas mans de GreenInfo Network e Development Seed.