Acerca desta tradución
En caso de conflito entre esta páxina traducida e a orixinal en inglés, a páxina en inglés prevalecerá
Dereitos de autoría e recoñecementos
O OpenHistoricalMap é unha colección de datos xeoespaciais abertos. Agás onde se indique o contrario, os datos do OpenHistoricalMap pertencen ao dominio público baixo unha licenza Creative Commons CC0. Na medida en que o que usas sexa de dominio público, es libre de copialo, distribuílo, transmitilo e adaptalo para calquera propósito, sen ningunha restrición.
A base de datos do OpenHistoricalMap incorpora algunhas características individuais no mapa suxeitas a dereitos de autoría.
Estas características están dispoñibles baixo unha licenza aberta, como a Creative Commons recoñecemento (CC BY) ou a Creative Commons recoñecemento compartir igual (CC BY-SA), como se indica nas etiquetas license=* nalgúns elementos individuais.
Na medida en que empregues calquera parte significativa da base de datos que estea cuberta por unha licenza de "compartir igual", debes respectar os termos desa licenza na túa adaptación.
Os estilos de mapa que aparecen na nosa páxina de inicio pertencen ao dominio público baixo unha licenza CC0. Es libre de copialos, distribuílos, transmitilos e adaptalos para calquera propósito, sen ningunha restrición.
A nosa documentación está licenciada baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 2.0 (CC BY-SA 2.0).
De que xeito acreditar o OpenHistoricalMap
Aínda que as leis de dereitos de autoría non restrinxen nin impoñen ningunha condición sobre o uso de contido de dominio público, agradecemos moito calquera recoñecemento que lle deas ao OpenHistoricalMap ao reutilizares, adaptares ou utilizares doutro xeito os nosos mapas ou datos.
Podes presentar este recoñecemento de calquera xeito razoable. Por exemplo, nun mapa dixital, podes mencionar o OpenHistoricalMap en letra pequena no recuncho, incluíndo unha ligazón a esta páxina de dereitos de autoría ou á nosa páxina de inicio:

Ou podes incluír un recoñecemento máis claro nunha páxina de créditos separada onde recoñezas outras fontes:
Os datos do mapa son cortesía do proxecto OpenHistoricalMap, de dominio público agás que se indique o contrario.
Nun mapa impreso, podes colocar o recoñecemento na lenda. Nun libro, podes describir o teu uso do OpenHistoricalMap nunha nota ao pé, na bibliografía ou no colofón. Nun artigo académico, podes citarnos de varias maneiras dependendo do que empregases.
Máis información
Obtén máis información sobre as consideracións legais ao usar os nosos datos e como acreditarnos no wiki do OpenStreetMap.
Recoñecementos
O OpenHistoricalMap é o esforzo colaborativo de miles de persoas e organizacións, que á súa vez se basean nun gran conxunto de estudos académicos, xornalismo e mantemento de rexistros. As nosas fontes e colaboradores máis importantes inclúen:
- Datos sobre litorais, masas de auga e regatos © Colaboradores do OpenStreetMap, CC BY-SA 2.0.
- Datos do atlas dos límites históricos dos condados, un proxecto do Centro William M. Scholl para a historia e a cultura estadounidenses na biblioteca de Newberry, que está dispoñible para a súa reutilización sen restricións.
- Datos creados polo proxecto ANR COMMUNES en colaboración co grupo de Cambridge para a historia da poboación e as estruturas sociais.
- Fontes adicionais e colaboradores están dispoñibles no wiki do OpenStreetMap.
Os estilos de mapa que aparecen na páxina de inicio conteñen datos do OpenHistoricalMap e as seguintes fontes:
- Conxuntos de datos de Natural Earth de dominio público.
- Cobertura do solo de GlobCover, © ESA 2010 e UCLouvain, dispoñible para a súa reutilización con fins educativos e/ou científicos con recoñecemento.
- Datos de elevación do terreo de Danielson, J. J. e Gesch, D. B., 2011, Datos globais de elevación do terreo en multirresolución de 2010 (GMTED2010): U.S. Geological Survey Open-File Report 2011–1073, páx. 26, dominio público.
A inclusión de datos no OpenHistoricalMap non implica que a persoa que orixinalmente forneceu os datos apoie o OpenHistoricalMap, dea calquera garantía ou acepte calquera responsabilidade.
Violación dos dereitos de autoría
Lembramos ós colaboradores do OSM que nunca engadan datos de fontes con dereitos de autoría (por exemplo, o Google Maps ou mapas impresos) sen o permiso explícito dos posuidores deses dereitos.
Se cres que se engadiu material protexido por dereitos de autoría de forma inapropiada á base de datos do OpenHistoricalMap ou a este sitio, ponte en contacto co equipo do OpenHistoricalMap poñendo "TAKEDOWN REQUEST" na liña do asunto.
Marcas rexistradas
Se tes algunha dúbida sobre o uso que fas do nome OpenHistoricalMap, ponte en contacto co equipo do OpenHistoricalMap.